A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.
Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida... son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa …
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido. No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non …
Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da Muxía do século XII: Martiño da Grixa.
A Lola gustaríalle saber se o trobador acabou o poema algunha vez; e se foi así, como acaba. Alex, para gañar o amor de Lola, seguindo os consellos do seu avó, que está morto pero vén …
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.