Ensaladas

Ensaladas

Datos del producto

Editorial: BAIA
ISBN: 9788492630912
Publicación: 11/2016
Formato: Papel
Idioma: Gallego
Número de páginas: 176
15.10 €

Disponible. Entrega en: 24-48 horas

Sinopsis

A ensalada, até hai pouco, concretouse nuns produtos clave: leituga/escarola, tomates, cebola, olivas, pemento, cenoria, ravos... e algunhas herbas silvestres. E desde estes últimos trinta anos, momento en que a cociña cambiou de signo en xeral, que "o cru e o frío" adquiriron relevancia. Un exemplo que o determina claramente son as mesturas actuais de elementos crus con outros cocidos -verduras cocidas, cereais, legumes-, que dan lugar a preparacións máis completas e a pratos con máis entidade.



Outro punto a ter en conta e que deu un xiro é, precisamente, o aderezo. Do clásico aceite, vinagre e sal (botado enriba dos elementos sen movelos) pasouse a elaborar salsas variadas e a condimentar de novos e diferentes xeitos, e, sobre todo, a pór en práctica o clásico tourner a salade da cociña francesa, é dicir, mesturar os integrantes da ensalada. Ou a gama de sal de sabores e procedencias diversas ou os vinagres ao estilo balsámico.



De feito, a presenza da ensalada é atemporal, posto que aparece en calquera época. Agora ben, a cualificación da comida fría e a tendencia actual cara a ela provocaron que estes pratos se sitúen cada vez máis en momentos de calor ou de frío e que sexan esperados por todo o mundo.



A través de 104 propostas, que combinan tradición e innovación, este libro invita á mestura, ao atrevemento e, sobre todo, aos cambios -moi do gusto da autora-, para que así cadaquén poña o seu toque particular.

Comentarios