O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto (Alvarellos Editora) de Manolo González, relata a insólita e descoñecida historia dun crego que foi tamén poeta, bibliófilo, bohemio, sedutor, visionario, sibarita... e inaudito director de cine. Nos anos vinte chegaría a ser o que hoxe dariamos en chamar toda unha celebrity. En 1922 Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966) emprendeu un proxecto moi singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (hoxe, perdida). Con ela xirará por América en 1923. Posuído dunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuará, …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.