O "Cantar de Ruodlieb" é un poema épico en latín escrito no último ter zo do século XI en territorio alemán. Esta obra pecha o ciclo da épica latina carolinxia, da que o "Cantar de Valtario" foi unha testemuña excelsa.
Distanciado claramente da épica latina medieval, o poema inaugura o riquísimo ciclo de narracións épicas en francés pertencent es ás materias de Bretaña e de Francia, e á épica xermánica tamén en l ingua vernácula do "Cantar dos Nibelungos" ou do "Parzival". Por estas razóns foi cualificado en moitas ocasións como a primeira novela cort és da literatura occidental e …
As adiviñas anglosaxonas contidas no Libro de Exeter son enigmas a modo de poemas relativamente breves que convidan a identificar un obxecto, un fenómeno natural, un animal ou un proceso que se describe dun modo misterioso, enigmático e xeralmente lúdico. Os enigmas anglosaxóns insérense sen ningunha dúbida na gran tradición da adiviña presente na práctica totalidade das culturas do planeta ao longo da Historia e que evidentemente segue atraendo ao ser humano. As metáforas, os símiles, os quebracabezas, as historias de detectives, todo iso ten a intención de representar as cousas dun modo distinto ao que en verdade son. Desde …
Os Carmina Burana son a antoloxía de poesía da Idade Media máis ampla, máis variada e máis coñecida hoxe en día. Á fama e difusión da colección contribuíu, sen dúbida, a adaptación musical en forma de cantata de vinte e catro poemas do conxunto elaborada polo compositor muniqués Carl Orff (1895-1982) no ano 1937. O manuscrito de Benediktbeuern foi trasladado en 1803 para a Bayerische Staatsbibliothek de Múnic, onde hoxe se custodia coa sinatura CLM 4660. Trátase dun códice en pergamiño, que consta actualmente de 112 folios e que foi copiado por dous amanuenses principais en letra gótica minúscula ao …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.