Quen decide escribir un libro coma este, faino dende o convencemento feminista, ese ideal revolucionario en virtude do cal todas as persoas somos iguais. E faino tamén desde a idea de que nomearnos, moito máis na nosa lingua, é o primeiro paso para pensarnos, para recoñecernos e para existir. En Feminismo en cen palabras, Luca Chao quere facer un convite ao pensamento, unha modesta introdución a unha forma concreta de mirar e nomear o mundo que nos rodea. Un achegamento a un corpus teórico mínimo, esencial, que facilite a comprensión de certos conceptos básicos da teoría feminista. E tamén unha …
O tempo transcorre vagaroso nun xogo de espellos, máscaras e realidades posibles. As nenas Cata e Luci fuxindo dun pai brután vagabundean sen rumbo polas calellas de Bogotá. Moi lonxe desa existencia terrible, as irmás Catuxa e Lucía deambulan tamén entre as ruínas dos seus fracasos persoais e profesionais e tentan recompoñer a súa relación fraternal. Todas elas, as nenas, as mulleres, asómanse ao precipicio do futuro sen moitas esperanzas, mais unha herdanza cunha obriga inesperada pode vir mudalo todo. Como illas remotas, Galicia e Colombia semellan afastadas, mais os designios do azar, ou non tanto, e os elos invisibles …
Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas actividades sedutoras. Sabela traballa atendendo os artistas da súa peculiar galería e ofrécelle á súa amiga todo o seu apoio.
Xuntas lerán a inquietante misiva póstuma de Valentín, o home de Lara, e recibirán, copadas, o encargo de acoller a Ariel. Aínda que Lara trata de adiar o momento de enfrontarse á existencia incómoda de Ariel, visitarán un avogado que lles facilitará o camiño para abordar o …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.