As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo. O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a …
Alma e o mar que cura as súas feridas impronunciables. Alma que podería ser calquera muller que día a día se fixese forte ante as discriminacións. Alma que vai de Nova York á Costa da Morte para descubrirse a si mesmo e aprender a esquecer. Mulleres fortes e valentes, loitadoras nun mundo hostil: Branda, Áurea, Nora, Silvia e Alma, tamén Alma. Mulleres que non se pregan, que se erguen de cada vez, unhas para reconstruír as vidas, outras para seguir. Vítimas de inxustizas, abusos, violencia verbal e física: laboral, xexual, social, familiar...
Alma e o mar é unha novela …
Esta é unha obra inclasificable, a recompensa dunha vida adicada ao estudo, as reflexións dun experto coñecedor do tema que consegue engancharnos e sorprendernos coa súa capacidade de relacionar todo o que nos define como humanos cuns seres tan especiais e próximos como son os cetáceos, que influíron e inflúen nas nosas existencias dun xeito que nin sequera podemos sospeitar. Estes son os seres que serven de fío condutor nesta viaxe, os que nos levan dende os gravados nas pedras paleolíticas até a súa caza e explotación nun pasado recente. Escrito en primeira persoa, fainos gozar dos seus anos de …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.