PREMIO GARCÍA BARROS 2023
O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a ?Fe Verdadeira?, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que ao da realidade. Os pais do misioneiro contratan a un experto antropólogo para localizalo e, se é posible, traelo de volta á casa.
Ambientada nun século XIX imaxinario, Entomoloxía para misioneiros constrúe, mediante a diversidade de linguaxes e técnicas narrativas, un universo de ficción onde o espírito aventureiro engarza situacións que …
O Iibro "Que pasa co galego " responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante , canta xente fala galego en Galicia , falamos todas e todos o mesmo galego , que significa ser bilingüe , fala galego a mocidade , pode facer máis o sistema educativo a prol do galego , úsase o galego nas redes sociais , como superar os prexuízos lingüísticos , como podo eu contribuír ao futuro do idioma , que sería Galicia sen o galego , como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos …
Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: Miss Antropía, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro. A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comezo. Calquera cousa que permita fuxir dos erros do pasado e reconstruír unha existencia feita anacos. Pero a vida da rapaza non cambia. A mesma soidade. A mesma rabia. De pronto, na …
Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa para pasar o tempo que lle queda entre os seus. A súa familia quere mantelo encamado e baixo control, pero el escapa. Ten un proxecto que non se pode adiar: mercar un traxe novo. "O traxe", a peza gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2022, é un monólogo dramático que, facendo uso do humor negro, nos presenta un personaxe inquietante e complexo que, levado ao límite polas circunstancias, decide mostrarse ao mundo tal como é, pois xa nada ten que …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.