Loxica Da Descuberta Cientifica (Karl Popper)

Loxica Da Descuberta Cientifica (Karl Popper)

Datos del producto

ISBN: 9788498879094
Publicación: 11/2016
Formato: Tapa dura
Idioma: Gallego
Número de páginas: 670
19.00 €

Disponible. Entrega en: 24-48 horas

Sinopsis

En palabras do seu propio autor, A lóxica da descuberta científica pretendía proporcionar unha teoría do coñecemento e, ao mesmo tempo, ser un tratado sobre o método -o método da ciencia-. Iso é o que pretendía ser e iso é o que é: un dos tratados de metodoloxía da ciencia máis relevantes, se non o máis relevante, de todos cantos se escribiron no século XX. Non se trata dun manual de metodoloxía da ciencia e teoría do coñecemento, senón dun tratado, dunha presentación e defensa da epistemoloxía e filosofía da ciencia derivadas da posición específica do autor. Karl Popper é, sen dúbida, unha das figuras máis representativas da filosofía da ciencia do século XX. A súa produción filosófica foi extensa e non cesou ata os últimos anos da súa vida. The Logic of Scientific Discovery (1959), a versión inglesa corrixida e aumentada da súa Logik der Forschung (1934), é a súa obra epistemolóxica fundamental. Nela atópanse xa formulados os dous piares do seu pensamento: o rexeitamento da indución e a proposta da falsificación como criterio de cientificidade. Ambos principios impregnan o seu xeito de entender non só a ciencia senón tamén a sociedade e a política, e están, así, detrás da súa crítica do esencialismo dogmático e da súa clara e decidida aposta polo democracia.

Comentarios