No evocador souto dos catro ventos do antigo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil aparece morto un home vestido como un monxe bieito. Como é posible, se os frades abandonaron aquel lugar no século XIX?
Jon Bécquer, un detective de obras de arte que está a descubrir as marabillas da Ribeira Sacra, tomará moi a peito descubrir que hai de certo na lenda dos nove aneis de Santo Estevo e en descubrir o enigma daquela morte.
Na súa pesquisa vai dar co legado de Marina Vallejo, unha moza vallisoletana, que viviu os derradeiros anos da vida …
O 8 de xullo do 1926 un grupo de peregrinos saen de Ourense camiño de Compostela. Equipados con trípodes, cámaras fotográficas e un barómetro altimétrico, saen explorar unha ruta sagrada, van facendo camiño entrementres andan. Desa viaxe, Xavier Pardo Bedia publicou unhas luminosas crónicas, publicadas no seu tempo nas páxinas d?A Nosa Terra, e que agora se converten en libro.
Amais do autor fixeron aquela peregrinaxe Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Florentino López Cuevillas e Antón Sánchez. Sete galeguistas que descubriron coas botas nos pés, o seu propio país. Un traxecto espiritual, …
EDICIÓN COMEMORATIVA DO XXXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN
Durante o reinado de Filipe II de Habsburgo, na década do 1580, chega a Compostela o novo Inquisidor, coa misión de rematar co contrabando de libros prohibidos.
Na década do 1980, un escritor en crise dá clases de Literatura en Aix-en-Provence, Francia, buscando algunha idea para unha nova novela.
Ambas historias, aparentemente distantes, van coincidir a través da figura mítica e esquiva do Griffon, unha criatura con capacidade de vivir no tempo e no espazo que queira.
Un dos grandes clásicos da literatura contemporánea na edición definitiva. A volta …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.