Tarde de sapo é un álbum ilustrado divertidísimo cun ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata o seu inesperado final. Os seus protagonistas exprésanse dunha forma peculiar, utilizando xogos fónicos e onomatopeas, recursos que apoian a narración e contribúen a dotalos de personalidade. Maite Mutuberria fai uso dunha linguaxe próxima ao cómic, con indicacións de movemento, expresións xestuais, bocadillos e abundantes recursos simbólicos que acentúan o carácter humorístico da proposta. A autora escribe, ilustra e deseña unha proposta que a levou a ser finalista do XVI Premio Compostela e cuxo texto, escrito en letra maiúscula, fai desta obra para …
Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.