Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de Luísa Villalta. Todas buscan provocar un ruído: facer pensar arredor da poeta, da narradora, da ensaísta, da dramaturga, da profesora, en definitiva, da muller que Villalta foi. Estas páxinas abalan entre a lembranza, o estudo rigoroso, a contextualización da súa produción, a reivindicación dos seus compromisos, o agarimo das amigas, a posta en valor do seu culturalismo e a visibilización do pouso que deixou en diferentes ámbitos. Nelas, a lectora e o lector atento poderán descubrir por si mesmos as arestas dunha autora que non renunciou …
Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936 Como naceu a música infantil galega Onde se sitúan as orixes do pop galego Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa Como é a literatura galega musicada Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heavy metal de base literaria Que pegada deixou a canción protesta e social na música galega e nos seus textos Que papel xogou a censura na …
Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.