Novedades

(g).(09).historia do arte 2o.bacharelato
(g).(09).historia do arte 2o.bacharelato
Álvaro López, Milagros
(g).(09).historia do arte 2o.bacharelato editado por Xerais
39.99 € 42.10 € Tapa blanda o bolsillo Sin stock
A biblioteca de pedrarcana
A biblioteca de pedrarcana
Álvarez Taboada, Carlos

Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana.
" A biblioteca de Pedrarcana " é unha historia …

Leer más
12.30 € 12.95 € Rústica
Os anos do silencio Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)
Os anos do silencio Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)
Álvarez Castro, Xosé

Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950.
O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. …

Leer más
25.60 € 26.95 € Rústica
Vigo, a explosión dos ´80
Vigo, a explosión dos ´80
de las Heras, Victor

Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na -movida-. Aquela década dos æ80 -da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro- foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto; foron os anos en que o naval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectos decimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que …

Leer más
21.80 € 22.95 € Tapa blanda o bolsillo
Descubrindo Ana Pontón
Descubrindo Ana Pontón

Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do nacionalismo galego, de xeracións de persoas comprometidas cunha causa que se visibiliza como froito dunha estirpe das mulleres galegas. Esta crónica de Suso de Toro acompaña a ilusión de centos de cidadás e cidadáns …

Leer más
12.30 € 12.95 € Rústica
Calzados Lola
Calzados Lola
de Toro, Suso

Calzados Lola é un relato mítico de iniciación no que o heroe, tamén a heroína, teñen que andar un camiño para gañar un coñecemento: quen son eles verdadeiramente, a través de coñecer a súa historia familiar oculta. En Calzados Lola relátanse varias investigacións: a do desfalco dunha empresa, a dun pasado familiar, a de como construímos a nosa identidade. Varias historias contadas e suxeridas. Vidas veladas, o desvelamento da vida. O pasado e o presente, os pais e os fillos e os avós, os vivos e os mortos. Unha viaxe á orixe, unha escapada. O odio e o amor, a …

Leer más
23.27 € 24.50 € Tapa blanda o bolsillo
Trece badaladas
Trece badaladas
de Toro, Suso

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: …

Leer más
23.70 € 24.95 € Tapa blanda o bolsillo
A sombra cazadora
A sombra cazadora

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades». Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombra cazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literatura xuvenil. Esta edición, revisada e …

Leer más
12.30 € 12.95 € Rústica
Ambulancia
Ambulancia

A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se fose un fervedoiro de violencia e dureza, de vida e morte. "Ambulancia" rende homenaxe á novela negra americana, con personaxes sinistros, sempre á beira do perigo. Unha novela trepidante, de violencia estrutural. "Unha novela negra e redonda que, unha …

Leer más
13.25 € 13.95 € Rústica
FÓRA DE SI
FÓRA DE SI
de Toro, Suso

Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento …

Leer más
17.05 € 17.95 € Rústica
A sombra cazadora
A sombra cazadora
de Toro, Suso

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: -Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades-.Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos. Con esta obra Suso de Toro inicia unha …

Leer más
12.30 € 12.95 € Rústica
Conta saldada
Conta saldada
de Toro, Suso

Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime.
" Conta saldada " iníciase como unha historia de fantasmas, desenvolvéndose como unha novela trepidante de intriga e acción na que dous rapaces de ambientes sociais moi diferentes asumen os riscos de desentrañar …

Leer más
12.30 € 12.95 € Rústica
Elementos 1 a 12 de un total de 1.304
Aviso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.