Un amable jovencito ayuda a un pájaro un tanto raro y enseguida se crea entre ellos una bella amistad, pero ninguno de ellos percibe que ¡uno es un joven caballero y el otro un joven dragón! ¿Qué harán cuando descubran que en realidad son enemigos y están destinados a enfrentarse El dragón y el caballero apetitoso es una historia vivaz, graciosa y alentadora resultado del estupendo trabajo en equipo de la ingeniosa escritora Elli Woollard y el galardonado ilustrador Benji Davies. Un amable mozo axuda a un paxaro un tanto raro e créase entre eles unha bonita amizade, pero ningún …
Un álbum tenro e poético sobre a maternidade, un regalo ideal que pon en valor a calma e a serenidade da natureza. Osa está soa e coa chegada do frío e do inverno busca un bo lugar para durmir. Unha mañá, a luz inunda o seu agocho e a súa tripa axítase, e non é de fame. Unha nova primavera chegará para Osa, aínda que agora xa non estará soa O ciclo da vida e o da natureza fúndense nun relato tenro sobre a maternidade presentada como un acontecemento natural e sereno, un momento único de especial conexión entre unha …
Un novo libro-disco de Paco Nogueiras dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidísimas cancións para cantar e bailar a calquera idade. O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña, o zunir do mosquito... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste traballo co que viaxamos polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock and roll, dende unha fanfarra circense até unha melodía de influencias andinas. As coloridas …
Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa lingua e a súa cultura. Nesta viaxe no tempo descubrimos non só a orixe e evolución da galaicofobia, senón tamén unha serie de tópicos antigalegos, crueis e ridiculizadores, nacidos na Meseta castelá. Esta é, en definitiva, unha obra clara e …
Un novo Eric Carle en galego en edición acartonada e con sons, ideal para ver e escoitar. Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno grilo non era quen de cantar. Nin a lagosta, nin a barbantesa, nin o verme, nin o mazaleites puideron escoitar o seu son. Tampouco os demais habitantes do prado ata que unha noite, á luz da lúa, se atopou cunha grila Nesta obra encontramos algúns dos temas habituais en Eric Carle: a natureza, o fluír do tempo, o crecemento, a transformación, E tamén moitos dos trazos característicos da súa proposta plástica: a cor, o …
Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta de competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua. Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade da nosa gastronomía que na das nosas letras. Esquecen que ultimamente se conseguiron varios Premios Nacionais de Literatura. Con todo, o propósito deste libro non é destacar o bo que hai publicado. Trátase, máis ben, dunha interpretación persoal …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.