Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán que compartiu coa súa nai antes de que esta a abandonase. Dende alí, coa axuda do seu curmán e, ao mesmo tempo que a familia e a policía a buscan, irá …
Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro deberá resolver unha serie de crimes onde os intereses políticos, económicos e relixiosos chocan coa sorprendente realidade de Semana Santa. As vidas do río é unha novela de suspense que fai que o lector …
Dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de fantasmas e sombras. Corren os anos 80, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias persoais, dor e morte. Un achado accidental e envelenado nunha praia coloca ao trío de protagonistas no bordo do precipicio. Historias paralelas e que se bifurcan, as ansias de desaparecer e esquecer o medo, o ímpeto humano do auxilio e solidariedade, os remorsos e a procura de consolo, o terror cara a un futuro que non existe e a sabedoría dun pasado que sempre acompaña, forman parte dunha …
Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é escribir clásicos, hai neste libro relatos pioneiros, o primeiro en galego sobre a violencia de xénero, Terror na madrugada, e sobre os fusilados do 75, A luz do día escura, recollido en antoloxías en inglés. A escrita delicada, …
Nestes relatos hai un rico mosaico de personaxes femininas que se atopan no final da súa vida. Con todo, non agardedes avoas de pano na cabeza, sentadas a carón da lareira ou enredadas coas tarefas domésticas. A autora presenta mulleres actuais que, a pesar da súa idade, ou quizais por iso, se adaptan aos novos tempos. Estas anciás manéxanse nas redes sociais, pasean o can pola cidade, camiñan por prescrición médica e gozan da vida na medida en que poden. O tempo xoga na súa contra e aparecen os achaques e tamén se enfrontan á soidade, ou ao pasado que …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.