Novedades

O tren fantasma
O tren fantasma
A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans... esperta dentro do tren da historia! E as pantasmas serán o último dos seus problemas: montañas máxicas, tormentas terribles, amazonas con espadas... Vaia aventura agarda por el!
11.87 € 12.50 € Papel
A viaxe de meu pai Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)
A viaxe de meu pai Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que …

Leer más
21.80 € 22.95 € Rústica
Varetai. Protectora de espíritos
Varetai. Protectora de espíritos
Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando desastres Quen son eses seres que apareceron de súpeto Xunto con Brisa, a súa inseparable amiga, tentará solucionar a desfeita antes de que cobre dimensións épicas.
11.87 € 12.50 € Papel
A noite das cebolas
A noite das cebolas

Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de …

Leer más
17.05 € 17.95 € Rústica
A soidade das nenas
A soidade das nenas

Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormenta a Emilia, que teima en retornar ao pasado para descubrir o que sucedeu. A través dunha voz literaria rotundamente persoal e fascinante, Miriam Beizana constrúe unha historia subxugante, escrita con extrema delicadeza: a da estraña e imantada relación que se …

Leer más
13.25 € 13.95 € Rústica
A sombra cazadora
A sombra cazadora

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades». Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombra cazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literatura xuvenil. Esta edición, revisada e …

Leer más
12.30 € 12.95 € Rústica
Pan galego
Pan galego

Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. «Iso non é pan nin é nada» é unha frase que calquera galego pode dicir ante un pan que non é galego. E é que a memoria gustativa dos nosos antepasados permitiu que hoxe en día en Galicia se atopen, …

Leer más
21.80 € 22.95 € Rústica
Metáfora da metáfora
Metáfora da metáfora
«Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas.
12.30 € 12.95 € Rústica
A casa do amo Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega
A casa do amo Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega

A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo». Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un …

Leer más
18.00 € 18.95 € Rústica
A rede branca
A rede branca

Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante intenta converterse nun honorábel empresario mediante un pelotazo urbanístico, mais o arresto casual do esbirro que agocha o seu último alixo ameaza con botar todo a perder. Avogados, hostaleiros, policías, políticos, presidiarios, camareiros, asesores e xornalistas participan da trama criminal ou serven de …

Leer más
13.77 € 14.50 € Rústica
Sete dentes de león
Sete dentes de león
Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.
13.25 € 13.95 € Papel
Finximentos Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta
Finximentos Premio Ánxel Fole de Narrativa Curta

Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas. Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega para nadar ou para naufragar, para ocultar o seu amor entre dunas ou para sentirse vivos. Saben que a farsa empeza na propia gorxa. Que o silencio é un baixío que hai que evitar. Que o valor …

Leer más
17.05 € 17.95 € Rústica
Elementos 1 a 12 de un total de 1.304
Aviso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.