Novedades

Galaicofobia
Galaicofobia

Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa lingua e a súa cultura. Nesta viaxe no tempo descubrimos non só a orixe e evolución da galaicofobia, senón tamén unha serie de tópicos antigalegos, crueis e ridiculizadores, nacidos na Meseta castelá. Esta é, en definitiva, unha obra clara e …

Leer más
21.80 € 22.95 € Rústica
A literatura galega contada aos escepticos
A literatura galega contada aos escepticos

Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta de competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua. Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade da nosa gastronomía que na das nosas letras. Esquecen que ultimamente se conseguiron varios Premios Nacionais de Literatura. Con todo, o propósito deste libro non é destacar o bo que hai publicado. Trátase, máis ben, dunha interpretación persoal …

Leer más
14.06 € 14.80 € Rústica
As Jermaine
As Jermaine

O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumada por unha tenue lámpada da cor do sangue, que somos efémeros actores do presente e peóns do pasado, movidos polos fíos que manexa quen sabe se o demo ou a xenética, e abocados a precipitarse no nada …

Leer más
16.72 € 17.60 € Rústica
Vidas de santos galegos
Vidas de santos galegos
Vidas de santos galegos editado por Galaxia
3.70 € 3.90 € Papel
(g).ubasute.(teatro)
(g).ubasute.(teatro)
Carballeira, Paula
Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén. Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos. Ademais, no teatro, tamén as pantasmas cobran vida diante dos nosos ollos.
11.40 € 12.00 € Papel
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Así comeza o libro máis lido e traducido da literatura galega. Unha das obras que fundan a nosa narrativa contemporánea e que agora se presenta por vez primeira nunha adaptación gráfica. Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas. Nesta novela gráfica atoparedes moitas desas respostas.
19.19 € 20.20 € Rústica
Ícaras
Ícaras
Premio O Facho de teatro infantil 2022 Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha estudante universitaria que traballa na hamburguesaría do barrio, nin sequera ten ás. Nun anoitecer, vanse cruzar os seus camiños e descubrirán que hai máis cousas que as achegan, que aquelas que as separan. Indo xuntas, serán capaces de voar
10.92 € 11.50 € Rústica
Contas de buxo
Contas de buxo

Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán que compartiu coa súa nai antes de que esta a abandonase. Dende alí, coa axuda do seu curmán e, ao mesmo tempo que a familia e a policía a buscan, irá …

Leer más
13.96 € 14.70 € Rústica
Outeiro do amieiro, o
Outeiro do amieiro, o
Lertxundi, Anjel

O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo mundo adiante, aínda que sexa o carballo máis ergueito, Mais a árbore desta novela sempre quixo deixar o lugar onde naceu. Sempre quixo moverse, camiñar dun lado ao outro, coñecer …

Leer más
13.96 € 14.70 € Papel
As vidas do río
As vidas do río

Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado. Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro deberá resolver unha serie de crimes onde os intereses políticos, económicos e relixiosos chocan coa sorprendente realidade de Semana Santa. As vidas do río é unha novela de suspense que fai que o lector …

Leer más
19.47 € 20.50 € Rústica
Dakota (premio victoriano taibo 2023)
Dakota (premio victoriano taibo 2023)
Alvarez, Masha
A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa. Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a labarada do fósforo. A poeta abre un camiño entre lugares aos que agora podemos chegar nós. A hospitalidade na neve é este poema.
11.02 € 11.60 € Papel
Teu perfil na miea sombra, o
Teu perfil na miea sombra, o
Vega, Rexina

"O teu perfil na miña sombra" non é exactamente unha narración, tampouco un libro de poesía nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexión sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos e voces silenciadas. A definición da maternidade vña desde outro lugar, marcada por arquetipos perversos que levaban cosidos moi dentro a idea do sacrificio e o seu reverso de culpa. A partir da marcha da filla, asistimos nestas páxinas ao relato dese …

Leer más
15.86 € 16.70 € Papel
Elementos 1 a 12 de un total de 1.033
Aviso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.