As rosas, dende sempre, foron material literario, e non só para os poetas. Simples e evocadoras, viaxan a través da historia da literatura dende que alguén, pechando os ollos e aspirando o seu recendo, se sentiu impelido a escribir. Inspiración de aromas e inspiración de historias. Con esa premisa, pedímoslles a dez autoras e autores de primeira liña da literatura galega que escribisen un relato tomando a rosa como elemento inspirador. E como hai tantas rosas coma estrelas no ceo, velaquí o resultado, dispar, diferente. Relatos uns que son espiñas e outros que son deleite estético; relatos que recenden, en …
Os trens sempre foron un bo material para a literatura e para os libros.
Nos trens lemos. Nos trens, tamén, pasa a vida. Chea de historias. O tren vai por ese camiño de ferro polo que transitan existencias singulares cheas de paixóns, dores, esperanzas, risos e segredos. De todo iso hai neste volume en que cinco autoras e cinco autores atenderon a chamada de Editorial Galaxia para, toman o tren, a vía, a estación, os revisores ou os maquinistas como motivo de inspiración para crear un relato que sexa, ao tempo, unha viaxe literaria feliz. Dirémolo dun …
Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista do Obradoiro Artístico de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.
A través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non …
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios analizando su navegación en nuestra web y cómo interactúa con nosotros y poder mostrarle publicidad en función de sus hábitos de navegación. Para consentir su utilización, pulse el botón “Acepto”. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies.